Entradas

Xa chegou o Apalpador!!!!!!

Imagen
 Como ben sabedes, o apalpador, é un home de barba rubia e pelo rubio. Vive na montaña facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.  Polo Nadal baixa ata as aldeas para ver se os nenos e nenas están ben alimentados; déixalles un puñado de castañas para que non pasen fame.  Na súa visita á nosa escola, o apalpador non trouxo castañas, pero deixou uns chocolates para todos os nenos e nenas; despois de decirlles que deben comer de todo, froitas, verduras, peixe..... O cole estivo adornado coas cousas que fixeron as familias, e só podemos dicir GRAZAS POLA COLABORACIÓN, coma sempre é IMPRESIONANTE. 

Outono creativo

Imagen
 Como cada ano, os alumnos e alumnas do noso colexio, trouxeron verdadeiras obras de arte feitas con materiais do outono, landras, piñas, follas, cortizas, cabazas.... Por iso somos tan grandes, porque os nosos nenos e nenas así nos fan.  Algúns exemplos son estes, pero houbo moitos moitos máis. GRAZAS FAMILIAS 

A FESTA DE CORPUS DE REDONDELA A PONTEAREAS E DE PONTEAREAS A REDONDELA

Imagen
 Como o ano pasado traballamos o Corpus co EEI A Marisma de Redondela. Achegáronnos un traballo espectacular sobre o Corpus na súa vila, e nós, pola nosa banda, enviámoslles un sobre o Corpus en Ponteareas. Foi unha experiencia moi moi gratificante. 

XOGOS POPULARES 2023

Imagen
 E OUTRO ANO MÁIS CHEGAMOS Á SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, EMPEZAMOS COA XORNADA DE XOGOS POPULARES. XOGOS COMO A RÁ, O TRES EN LÍNEA, O ARRASTRAMORTOS, OS SACOS, OS ZANCOS, A CORDA... UN ANO MÁIS FOI MOI DIVERTIDO PARTICIPAR NESTA XORNADA. NORABOA AOS NOSOS NENOS E NENAS POR PARTICIPAR DE XEITO TAN IMPECABLE NESTA ACTIVIDADE. 

NA CASA, NA ESCOLA BOTA A LINGUA FORA

Imagen
ONTE DÍA 3 PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA QUE SE CELEBROU EN PONTEAREAS. FORMAMOS PARTE DOS 1400 NENOS E NENAS QUE PERCORRERON AS RÚAS DA VILA E GOZAMOS DO CONCERTO NA FEIRA VELLA. UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA!!

ROSALÍA DE CASTRO

Imagen
 Á volta do entroido celebramos o día de Rosalía pintando grafismo e aprendendo algúns datos importantes sobre a nosa gran embaixadora da lingua e da terra.     💓💓💓💓

CÁMBIOCHE UN BESO POR UN BICO....E SAES GAÑANDO!

Imagen
 NON O DUBIDES.....E NAMÓRATE DA LINGUA!!!!